Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
SOCIEDADE DA INFORMACIÓN

Angola, a outra fenda dixital

O blogueiro Jorge Maícas conta os contrastes que se dan no país africano para acceder ás novas tecnoloxías.

Redacción - 14:15 13/04/2008

Mentres aquí seguimos preocupados pola fenda dixital que aínda existe entre a cidade e as aldeas, entre Galiza e Europa, hai outra fenda moito máis profunda, que é a que separa o Norte do Sur. Jorge Maícas, técnico do Instituto Español de Comercio Exterior en Angola, conta como é a situación dende o eido das tecnoloxías da comunicación no país lusófono do suroeste de África. Nunha entrevista publicada por Consumer, Maícas asegura que o acceso á rede en Angola é difícil, pois carece dunha ampla rede telefónica, despois dunha longa guerra civil que rematou en 2002. O mellor xeito de se conectar á internet é mediante a fibra óptica, aínda que os prezos sitúanse en arredor de 350 dólares ao mes por un mega. En moitas zonas, o satélite é a única opción, pero está cada vez máis saturado.

Os cortes de enerxía eléctrica tampouco contribúen a participar na sociedade do coñecemento.A precaria situación económica da maioría dos angolanos, que viven con menos dun euro ao día, a pesar da súa riqueza en petróleo e diamantes, fai que a maior porcentaxe da poboación non dispoña de computador, mais si as clases altas, o funcionariado, as grandes empresas e as universidades. Todo isto contrasta, segundo conta Maícas, co gusto que teñen en Angola por lucir caros teléfonos móbiles ou vestir ben aínda que os seus fogares sexan moi humildes. Tamén abundan os caros e potentes equipos de música nos automóbiles.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: