Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Rótulos comerciais na nosa lingua, entre outras cousas

Para que vaiamos á perrucaría e non á peluquería

O BNG busca o acordo unánime con todos os grupos parlamentarios para sacar adiante a Lei do Comercio, cuns mínimos que garantan o emprego do galego neste eido.

Redacción - 18:24 02/04/2008
O BNG busca o apoio dos outrosa grupos parlamentarios con esta nova lei / Imaxe: rebaixas en branco e negro, no Flickr de jofre

O BNG busca o apoio dos outrosa grupos parlamentarios con esta nova lei / Imaxe: rebaixas en branco e negro, no Flickr de jofre

Nunha conferencia de prensa ofrecida esta cuarta feira o coordinador do grupo parlamentario dos nacionalistas, Bieito Lobeira, presentou unha proposición non de lei (previa á Lei do Comercio que xa prepara a Consellaría de Innovación e Industria), pola que se vai esixir rotulación en galego de todos os estabelecementos; campañas específicas de galeguización, especialmente dirixidas ás grandes áreas comerciais; cláusulas que vencellen a concesión de axudas ao uso do galego; e a chamada "oferta positiva" (a atención ao cliente na nosa lingua como práctica habitual e información e asesoramento aos afectados para que todo isto se cumpra).

Para isto o BNG vai procurar o apoio na cámara de populares e socialistas, antes de que se debata a futura Lei do Comercio en pleno, que xa recolle, no seu anteproxecto, estas consideracións nun seu capítulo III, baixo o epígrafe Da actividade comercial, no que se fala dos dereitos lingüísticos dos consumidores.

"Vender un produto en galego non empobrece, enriquece"

Dixo Lobeira, ao tempo que lembraba que en Galiza existen 43 mil estabelecementos comerciais, que xeran 114 mil postos de traballo directos, e que representan o 13 por cento do PIB do país.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Máis rebaixas, en galego. Até o 50 por cento de desconto / Flickr: septemtrionis
Máis rebaixas, en galego. Até o 50 por cento de desconto / Flickr: septemtrionis
Máis rebaixas, desta volta en castelán, catalán e galego / Flickr: ponamen
Máis rebaixas, desta volta en castelán, catalán e galego / Flickr: ponamen