Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Lábaro recoñece non poder enfrontar as perdas

Vénse abaixo unha das grandes inmobiliarias que metera os dentes na Costa da Morte

Á beira de promocións en tradicionais espazos turísticos na costa catalá ou andaluza, o Grupo Lábaro tiña macroproxectos en Cee e Fisterra.

Redacción - 13:35 01/04/2008

O proxecto "residencial" Monte Maela, en Fisterra, que inclúe até 52 vivendas, e As Alboradas, unha iniciativa en pleno centro da vila de Cee con ducias de vivendas e locais comerciais, son os principais proxectos do Grupo Lábaro en Galiza, e mesmo contan con cadansúa web na rede para a venda dos inmobles. Alén deses proxectos este grupo empresarial desembarcara con forza en Galiza, e fixérase con amplas extensións de terreos na Costa da Morte, onde tiña en proxecto diversas posibilidades de urbanizacións perto da costa que a medio prazo implicaba a construción de arredor dun milleiro de vivendas.

Empresas que estoupan coa burbulla
En paralelo á cadea de problemas no sector, o Grupo Lábaro acaba de anunciar "concurso de acredores", solicitude presentada nun xulgado mercantil madrileño, e mecanismo necesario ao non poder facerlle fronte ás débedas. A empresa argumenta "falta de liquidez" e atribúelle a situación á "crise que lle afecta ao sector inmobiliario desde o segundo semestre de 2007".

Con algo máis de vinte anos de traxectoria no sector da promoción inmobiliaria, o Grupo Lábaro medrara espectacularmente nos últimos tempos, chegando a facerse en datas recentes co 12% de Parquesol, mercado ao Grupo San José en decembro pasado, e converténdoa no terceiro accionista da compañía. Naquela altura, desde o contorno das empresas mesmo se recoñecía a posibilidade de que Lábaro entrara no proceso de fusión entre San José e Parquesol.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: