Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
TELEVISIÓN DIXITAL TERRESTRE

O presidente da Xunta presidirá o apagón analóxico na Fonsagrada

O concello lugués converterase o sábado no primeiro do Estado en dicirlle adeus á televisión tradicional.

Redacción - 17:01 31/03/2008

O presidente da Xunta presidirá o sábado na Fonsagrada o acto co que se celebrará o primeiro apagón analóxico de televisión do Estado. O concello lugués será pioneiro en completar a transición á Televisión Dixital Terrestre, dous anos antes do previsto nos plans estatais.

Na praza do Museo comezará ás 12:30 un acto onde estarán, ademais, o secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, o alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, representantes do Ministerio de Industria e outras autoridades.

O concello culminará ese día o plan piloto de transición á TDT, posto en marcha polo Goberno. Nas últimas semanas, a Secretaría Xeral de Comunicación facilitoulle ao Concello 1.000 descodificadores para repartilos de balde polos fogares do municipio.

Escolleuse A Fonsagrda para efectuar o plan piloto por ser considerado o máis axeitado dende o punto de vista da estrutura da poboación e do territorio, o que o converteu nunha iniciativa extrapolábel para a maior parte do país. O municipio ten unha densidade de poboación moi baixa e unha enorme dispersión: 5.000 habitantes repartidos en máis de 200 núcleos de poboación que non chegan aos 50 habitantes.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: