Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Críticas das asociacións de consumidores

O ministerio axúdalle ao sector a "manter marxes" subindo a bombona case o 9%

Os petos dos cidadáns deberán soportar unha suba, autorizada polo Ministerio de Industria, que dobra o do IPC no último ano.

Redacción - 09:45 29/03/2008

Se desde comezos de ano o butano, amplamente usado en moitos fogares, custaba 12,94 euros por cada bombona de 12kg, a partir da semana que vén os consumidores deberán pagar até 14,10 euros. O Ministerio de Industria confirmaba este venres a autorización dun incremento do 8,96%, atribuíndollo ao "encarecemento" do custo da materia prima e xustificando ademais que países como Francia ou Portugal teñen fixados prezos para a bombona que case dobran os que se pagan a nivel estatal.

Desde diversos colectivos critican duramente unha decisión que por exemplo desde FACUA-Consumidores en Acción cualifican de "brutal", recordando que dobra o propio Indice de Prezos ao Consumo do último ano. O colectivo denuncia que se permita unha subida que "dana" gravemente os petos dos consumidores para "manter as marxes do sector". Segundo Consumidores en Acción, a modificación do prezo da bombona que se fai trimestralmente debe atender tamén a criterios políticos "que ponderen tamén os intereses dos usuarios". No mesmo sentido o analizan desde a Confederación Estatal de Consumidores, CECU, advertindo de que é un incremento "excesivo" que ignora a situación pola que pasan na actualidade as economías domésticas.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: