Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A CIG leva o caso ao xulgado

Querela criminal contra a Mariña Mercante polas eivas no rescate do Cordero

O sindicato denunciará por "homicidio involuntario" a membros da dirección da Mariña Mercante, dependente do Ministerio de Fomento, pola actuación no naufraxio do pesqueiro.

Redacción - 15:00 27/03/2008

Desde a CIG explican que a denuncia débese á consideración de que na operación levada a cabo durante o salvamento do pesqueiro "Cordero", realizáronse actuacións "moi anómalas" e "non se cumpriron os protocolos establecidos". Recordámoslles que o naufraxio produciuse o pasado xaneiro a 15 millas de Cabo Prior e resultou no falecemento de cinco persoas, conseguíndose rescatar a tres mariñeiros con vida.

Segundo lle adiantou a Europa Press o secretario de CIG-Mar, Xabier Aboi, a querela criminal vaise presentar no Xulgado de Instrución Número 2 de Ferrol. O mesmo xulgado xa abrira o día do naufraxio unha investigación para determinar as causas. A denuncia irá contra sete membros da Dirección Xeral da Mariña Mercante e Capitanía Marítima, malia que o sindicato non descarta que co avance das dilixencias se amplíe a imputación a máis persoas.


O naufraxio do 'Cordero' xa é tamén obxecto dunha investigación pola Comisión de Accidentes Marítimos do Ministerio de Fomento. Precisamente, nunha das últimas comparecencias que a Administración galega realizou na Comisión de Pesca sobre este sinistro, o director xeral de Recursos, Antonio García Elorriaga, admitiu que, "neste momento", non se poden determinar as causas do naufraxio nin as actuacións dos medios de Salvamento, ao continuar abertas as investigacións de "carácter confidencial".


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: