A compravenda de vivendas no Estado Español caeu un 27% no último ano. Galiza é unha das comunidades onde se rexistran menos vendas.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) confirmou nun informe que a crise inmobiliaria está a acentuarse no Estado Español. Segundo os datos oficiais, a compravenda de vivendas en xaneiro deste ano diminuíu un 27,1% con respecto ao ano 2007. En todo o Estado vendéronse 61.792 inmóbeis. O INE conclúe que os 52,4% das operacións de compravenda tiñan que ver con vivendas usadas mentres que o 47,6% eran novas.
Por cada 100 mil habitantes, Murcia e A Rioxa foron as comunidades cun maior número de transmisións, con 268 e 258 operacións, respectivamente. Mentres, Galiza, con 113 vivendas vendidas por cada 100 mil habitantes, é unha das comunidades con menos movementos inmobiliarios de todo o Estado.