Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POLÍTICA E URBANISMO

Romay Beccaría métese promotor inmobiliario

O home forte do PP coruñés promove canda un seu irmán 23 chalés no municipio de Oza dos Ríos.

Redacción - 14:00 25/03/2008
Romay Beccaría

Romay Beccaría

Aos seus 74 anos e logo dunha vida enteira dedicada á política profesional, Xosé Manuel Romay Beccaría decide probar sorte no mercado inmobiliario. O ex conselleiro, ex ministro e sempiterno barón do PP na provincia da Coruña promove a construción de 23 chalés no municipio de Oza dos Ríos, onde goberna tamén a formación conservadora. O xornal La Opinión de A Coruña, sinala que o dirixente conservador ten como socio no proxecto a un seu irmán, Xulio Romay Beccaría, un coñecido avogado de Betanzos. As vivendas edificaranse no lugar do Castiñeiro, sobre un terreo de 21 mil metros cadrados de chan urbano non consolidado.

Segundo lembra o xornal coruñés, o equipo redactor do proxecto é Monteoliva Arquitectura, o mesmo que elaborou o polémico PXOM de Aranga, que está a investigar a Fiscalía do TSXG para determinar se houbo algún tipo de irregularidade. Vieiros contactou co concelleiro do BNG en Oza dos Ríos, Víctor Sánchez, que dixo descoñecer o proxecto: "Aprobaríano nunha xunta de goberno, no pleno non se falou nada". Sánchez non está en contra a priori das obras pero subliñou que vai preguntar polo proxecto para comprobar que cumpre coas directrices urbanísticas-


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: