A empresa F-Secure detectou que se están a enviar programas espías disfrazados de mensaxes de apoio a foros pro-tibetanos.
Un dos documentos infectados / F-Secure
A violencia que se produciu nas últimas semanas nas rúas capital do Tíbet, Lhasa, ten tamén un reflexo na rede. Grupos partidarios das protestas contra a China están a sufrir unha serie de ataques cibernéticos. Listas de correo, foros privados e persoas físicas están a recibir nas súas caixas de correo electrónico mensaxes con códigos maliciosos que parecen proceder de fontes de confianza.Segundo informa a empresa de antivirus F-Secure, as mensaxes conteñen documentos anexos en formato PDF ou de Microsoft Office que instalan ferramentas de espionaxe, como gravadores de pulsacións do teclado, nos ordenadores das vítimas, e disfrázanse para evitar a súa detección polos antivirus.Os documentos teñen nomes que parecen conter información de apoio ás protestas, e así parece ser cando se abren, pero, por detrás, instalan software malintencionado. Segundo F-Secure, os albos do ataque son grupos que traballan a prol da liberdade do Tíbet en todo o mundo, e algúns individuos xa recibiron este tipo de mensaxes varias veces no último mes.Xa non é a primeira vez que se producen ataques deste tipo contra persoas que critican o goberno chinés. Dende 2002, grupos como Falun Gong ou os uigures xa foron albos das infeccións.