Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Temporal

A neve dificulta a circulación nas montañas do interior do país

Durante a noite do sábado e até primeira hora do domingo foi obrigatorio o uso de cadeas no Alto do Poio (Pedrafita).

Redacción - 13:13 23/03/2008

A neve provocou que durante a mañá do domingo a circulación polas estradas de montaña do interior do país siga a ser lenta e complicada, obrigando a usar cadeas na vía LU-633 ao seu paso polo porto de montaña do Alto do Poio, en Pedrafita (Os Ancares).

A mesma situación produciuse na estrada LU-530, á altura dos portos do Alto do Cerredo e do Alto do Acebo, na Fonsagrada. O resto dos portos do país mantiñan unha circulación sen incidencias na mañá deste domingo.

A previsión meteorolóxica prevé ceos anubrados en Galiza durante o resto da xornada, con precipitacións intermitentes, máis probábeis no terzo norte e nas zonas de montaña, onde serán de neve. A cota de neve sitúase nos 900 metros pola tarde.

Máis información na web de MeteoGalicia e na da DGT, coas últimas incidencias no tráfico.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: