Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito no Tíbet

O presidente do parlamento europeo ameaza con boicotear as Olimpíadas

"Queremos se organicen con éxito, mais non se o prezo é o xenocidio cultural dos tibetanos do que fala o Dalai Lama", dixo Hans Gert Pöttering.

Axencias - 18:08 22/03/2008
A Eurocámara tratará a situación no Tíbet esta cuarta feira

A Eurocámara tratará a situación no Tíbet esta cuarta feira

O presidente do parlamento europeo, Hans Gert Pöttering, ameazou este sábado a China co boicot aos Xogos Olímpicos de Beixín en resposta á represión das protestas da poboación tibetana. Ademais, exixiulle ao goberno chinés que negociase co Dalai Lama, líder espiritual do Tíbet.

"Non podemos descartar un boicot ás Olimpíadas. Queremos que os Xogos se organicen con éxito, mais non se o prezo para iso é o xenocidio cultural dos tibetanos do que fala o Dalai Lama", dixo Pöttering, membro da Unión Cristianodemócrata (CDU) que preside a chanceleresa alemá Angela Merkel.

En declaracións ao Bild am Sonntag -que sairán publicadas este domingo- o presidente da Eurocámara anunciou que esta cuarta feira o parlamento abordará a situación no Tíbet e que aconsellará "os países da UE" que se pronuncien cunha soa voz pola defensa dos dereitos humanos".

As declaracións de Pöttering prodúcense logo de que Alemaña normalizase as súas relacións con China tras as tensións xurdidas con motivo da reunión que mantiveron o ano pasado Merkel e o Dalai Lama.


5/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: