A Consellaría de Traballo informou este sábado das cifras oficiais no noso país. No mesmo mes do ano pasado, o número de sinistros foi de 3.517.
Galiza rexistrou, durante o pasado mes de febreiro, un total de 4.730 accidentes laborais -un in itinere (no camiño a ou dende o traballo)-, dos que cinco tiveron resultado de morte.
A Consellaría de Traballo presentou este sábado os datos, subliñando que o número de falecementos reduciuse en un respecto ao ano pasado.
Porén, cómpre sinalar que o total de accidentes aumentou con respecto aos 3.517 de febreiro de 2007. Ademais, este ano houbo 69 de carácter grave, fronte aos 64 do pasado ano.
Estes últimos descenderon na construción, mantivéronse na pesca e incrementáronse na agricultura, na industria e nos servizos.