Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ALTA TAXA DE SINISTRALIDADE

Os sindicatos denuncian semanas laborais de 60 horas nas obras do TAV

UXT, CIG e CC.OO vinculan o último accidente do Irixo cos apuros para rematar a infraestrutura.

Redacción - 14:30 12/03/2008

As reaccións dos sindicatos logo de que este mércores resultase ferido un traballador no Irixo (Ourense) non se fixeron esperar. Para as centrais obreiras non hai dúbida de que a alta sinistralidade ten que ver coas “présas” que lle entraron ao executivo español para rematar canto antes as obras do Tren de Alta Velocidade. O secretario comarcal da CIG en Ourense, Etelvino Blanco, denunciou que hai operarios que están traballando até 60 horas á semana, práctica que vincula directamente coa alta taxa de accidentes que se están a dar nas obras.

Antonio Pérez Jácome, de CC.OO, recomendoulle aos políticos que “estuden o tempo que van levar as obras” e non pensen só en “inaugurar rápido as obras”. Manuel Golpe, da UXT, subliñou que as présas comezaron hai un ano. Golpe pide que se respecten os tempos porque se “está a poñer en perido a integridade física dos traballadores”.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: