Agárdase un mar bravo e vento de até 100 quilómetros por hora. O mal tempo ha afectar, sobre todo, ás augas ao norte de Fisterra.
O temporal hase sentir, sobre todo, ao norte de Fisterra / Fisterra, na imaxe do Flickr de desconciertos
Protección Civil advertiu dun empeoramento do mar de fondo do noroeste, polo que a partir desta segunda feira, a partir desta segunda feira a alerta laranxa vai pasar a vermella, estando afectadas, sobre todo, as augas costeiras ao norte de Fisterra, onde as ondas poderán chegar aos sete ou oito metros de altura. No resto do litoral coruñés e lugués prevense que o vento chegue até os 100 quilómetros por hora.
Tamén se han notar os afectos da alerta vermella na faixa costeira entre Fisterra e A Garda.
Medidas de precaución
Ante estas predicións, Protección Civil lembroulle á poboación a importancia de seguir as medidas de autoprotección, así como evitar aproximarse aos malecóns ou rompeondas, lonxe dos golpes de mar que poidan arrastrar ás persoas aos mesmos aos vehículos.