Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Atentado en Arrasate

O presidente da Xunta expresa "a máis enérxica repulsa do pobo galego"

Emilio Pérez Touriño transmite "a solidariedade, o afecto e a proximidade" dos galegos aos familiares do ex concelleiro socialista.

Redacción - 17:15 07/03/2008
Tags:

O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, manifestou "a condena máis firme e a repulsa máis enérxica do pobo galego" polo atentado que lle custou a vida este venres ao ex concelleiro socialista Isaías Carrasco Miguel, na localidade guipuscoana de Arrasate.

Ao tempo, Emilio Pérez Touriño quixo transmitir "a solidariedade, o afecto e a proximidade das galegas e dos galegos aos familiares da vítima mortal deste atentado". No seu nome propio e no de todo o Goberno, o presidente "lamentou o asasinato a mans da banda terrorista ETA".

O xefe do Executivo quixo resaltar tamén "a firme necesidade de que todas as forzas democráticas sigan a traballar pola paz e pola defensa dos dereitos e liberdades dos cidadáns, fronte aos que queren danar a convivencia en paz e pluralidade da sociedade".

Asemade, expresou "o seu total respaldo ao labor que están a desenvolver os membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado contra a violencia terrorista". O presidente da Xunta sinalou que "a actuación da banda terrorista non conseguirá xamais vencer a democracia, a convivencia en paz e a liberdade dos cidadáns españois".

Por último, asegurou que "o terrorismo non ten cabida na nosa sociedade democrática" e manifestou "a súa máis firme convicción de que, co traballo unido de todas as forzas políticas e sociais, o Estado de Dereito acabará poñendo fin a esta lacra e os asasinos pagarán a súa culpa".


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: