 
 
A proposta dos ultranacionalistas do Partido Radical conta co apoio do primeiro ministro, Vojislav Kostunica, e coa oposición do presidente, Boris Tadic.
 
											Kostunica apoia a resolución
Case con toda probabilidade, o parlamento de Serbia aprobará nuns días unha resolución para solicitarlle ao goberno do país que rompa todas as relacións diplomáticas coa Unión Europea até que rectifique o seu apoio a independencia de Cosova. 
  O proxecto, remitido polos ultranacionalistas do Partido Radical este martes, conta co apoio da formación do primeiro ministro, Vojislav Kostunica, (DSS) e mais do Partido Socialista, o que significaría o respaldo de 144 deputados dunha asemblea de 250. 
Nun comunicado, Kostunica chamou esta semana á unidade nacional: "Pídovos a todos que digades claramente que Serbia vai ir a UE só coa súa Cosova". Pola súa banda, o Partido Democrático (DS) do presidente serbio, Boris Tadic, está "categoricamente en contra" da proposta, segundo un voceiro da formación.   
Resolución
"Nós, representantes do pobo serbio, advertímoslle á UE que só unha única e non unha fragmentada Serbia pode e quere negociar a integración europea", estabelece a resolución, que engade: "O Parlamento exíxelle á UE que recoñeza de xeito claro e inequívoco que a integridade do territorio serbio é unha condición para retomarmos as conversas sobre a asociación de Serbia coa UE".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto