Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
O Director de recursos pesqueiros anunciou onte que o Real Madrid gañou a Liga 06/07

PESCA non achega nada novo ao Plan de Acuicultura.

Onte en sede Parlamentaria, a Consellaría de Pesca anunciou a eliminación de 5 parques acuícolas e a redución doutros 8. Este anuncio, que ocupou espazo en portadas de xornais e informativos, non foi outra cousa mais que vender fume, un intento de transmitir un talante negociador da Administración nun Plano fortemente contestado desde sectores veciñais e ecoloxistas.

FEG - 16:22 04/03/2008
Tags:

Touriñán: Esta Piscifactoría, foi a primeira excluída por esta Administración, despois das queixas dos grupos ecoloxistas. Pescanova, comezou as obras antes de ser aprobadas (no medio do caos das labores de limpeza do Prestige), e antes de ser aprobado o borrador do Plan de parques de tecnoloxía alimentaria aprobada pola Xunta do PP. As obras foron paradas tras a denuncia da FEG ante a garda Civil. A nova Administración tomouno coma símbolo da nova política da nova política neste sector.
Punta do Corno
: Esta piscifactoría, ao igual que a de Touriñán, foi tamén desbotada pola revisión presentada pola Xunta actual, polo que non é nada novo.
Punta Corvos
: Planta situada en Ribadeo, xa non estaba contemplada polo Plan acuícola presentada no verán do ano pasado.
Couso-Aguiño. Planta proxectada en terreos barallados para rede natura 2000, e excluída no 2004 pola Administración de Fraga. Este parque, vertería as súas augas en augas protexidas do parque nacional, e proposta para Reserva Mariña para o Convenio OSPAR.
Ardía: Planta xa existente, pertencente a Pescanova e cando se presentou o Plan no Consello Galego de Medio Ambiente, ao estar dentro de Rede Natura 2000, a superficie proxectada no Plan non supoñía a ocupación de toda a superficie. Esta afirmación nunca se chegou a explicar
As outras que se sinalan como "suprimidas" non son supresión, senón que non se amplían as piscifactorías xa existentes.
Dos parques reducidos, A Federación non dispón de datos para valorar a importancia da súa reducción. Porén, cabe destacar o seguinte:
Regodola, Meirás, Cabo Cee: O Plan actual tiña previsto a súa reducción con respecto ao Plan de 2005. No caso de Meirás, ao igual que no caso de Ardía, a Consellería asegurara que a superficie de obra e a plasmada no Plan non ían ser a mesma. Este termo nunca se concretou. Aínda así, non explicou se a reducción é respecto ao proposto no 2005, ou é en base aos 22000m2 do Plan que está enriba da mesa.
Ao resto, curiosamente, parece que foi atendendo a reclamación das mesmas empresas, que solicitaron unha redución da superficie por motivos varios.
Nada de nada ás reclamacións da sociedade. Coma xa anunciara o anterior Director de Recursos mariños, antes de rematar o prazo de alegacións, "O plan acuícola non se ía mover", pois parece que así é, de pouco serven as máis de 1000 alegacións presentadas.
Entendemos que a manifestacións feitas no día de onte no Parlamento, polo responsable de pesca, non é máis que unha intervención de estética frente á oposición da sociedade ante este Plan, e que se dou a luz na Manifestación de "Galicia Non se Vende", e que, analizando as desmedidas declaracións dos políticos galegos, non gustou nada.
A FEG quere sinalar que as instalacións que considera cun impacto ambiental máis negativo seguen proxectadas, e que en ningún momento houbo intención de negociar dito Plan. O dereito á participación da Sociedade no deseño das políticas sectoriais, considerado mesmo pola UE como garante dunha planificación e desenvolvemento transparentes, non existe.
Aliás, a FEG considera que non ten sentido nestes momentos, este Plan acuícola, cando se está a facer un Plan de Ordención do Litoral de Galicia e cando se está traballando para ampliar a Rede Natura 2000. Isto demostra que en Galicia segue a gobernar o caos, e que no goberno de Galicia cada Conselleiro vai polo seu lado.

Taboas do borrador do plano Acuícola de Galiza


 
 
Superficie total
Superficie máxima ocupación en Rede Natura
Denominación
Tipo
Plan sectorial 2005
Plan Galego Acuicultura 2007
Diferencia Plan sectorial 2005
Plan Galego Acuicultura 2007
Diferencia
ORELLUDAS
 N
 75.000
 75.000
 0
 0
 0
 0
MOUGÁS
 A
 57.000
 88.000
 31.000
 0
 0
 0
PUNTA DOS PATOS
 A
 30.000
 34.000
 4.000
 0
 
0
PUNTA MOREIRAS
 A
 9.800
 9.800
 0
 0
 0
 0
ARDÍA
 A
 26.500
 26.500
 0
 0
 0
 0
BICO DA RAN
 A
 60.000
 60.000
 0
 40.000
 40.000
 0
COUSO- AGUIÑO
 A
 55.000
 55.000
 0
 0
 0
 0
SERA
 A
 --
 115.000
 115.000
 --
 0
 0
TAL
 N
 --
 48.000
 48.000
 --
 0
 0
PUNTA CORVOS
 N
 325.000
 --
-325.000
 0
 --
 0
LAXE BRAVA
 N
 --
 308.000
 308.000
 --
 0
 0
LIRA
 A
 60.000
 150.000
 90.000
 40.000
 10.000
 -30.000
QUILMAS
 A
 90.000
 250.000
 160.000
 25.000
 0
 -25.000
CABO CEE
 N
 78.000
 75.000
 -3.000
 0
 0
 0
TOURIÑAN
 N
 357.000
 --
 -357.000
 238.000
 0
 -238.000
MEREXO
 A
 119.000
 270.000
 151.000
 0
 0
 0
PUNTA DO CORNO
 A
 77.000
--
-77.000
51.333
 --
 -51.333
CAMELLE
 N
 101.000
 101.000
 0
 0
0
 0
XANDRIÑA
 N
 --
 217.000
 217.000
 --
 0
 0
SEIRUGA
 N
 --
 200.000
 200.000
--
0
0
SAN FELIPE
 A
 4.250
 6.850
 2.600
 0
 0
 0
MEIRÁS
 A
 95.000
 22.000
-73.000
 63.333
 5.870
-57.463
REGODOLA
 N
160.000
26.000
-134.000
0
0
0
MORÁS
N
155.000
155.000
0
0
0
0
LAGO
A
190.000
 273.000
 83.000
 0
 0
 0
GRALLEIRA
 N
 --
 40.000
 40.000
--
0
0
SARRIDO
 N
 --
80.000
 80.000
 --
0
0
FOXO LONGO
 N
 295.000
 240.000
 -55.000
 196.666
 0
-196.666
CORVO
 N
 --
 250.000
 250.000
 --
 0
0
 
2.419.550
 3.175.150
 755.600
 654.332
 55.870
 -598.462

 
Denominación
 Situación
Tipo
Superficie(m2)
Rede Natura VALORACIÓN
A
CORVO
 RIBADEO
 N
 250.000
 NON
 APTO
B
SARRIDO
FOZ
N
80.000
NON
APTO
C
GRALLEIRA
FOZ
N
40.000
NON
APTO
D
SAN ROMÁN
VICEDO
N
50.000
P
NON APTO
F
SEIRUGA
MALPICA
N
200.000
NON
APTO
I
XANDRIÑA
CAMARIÑAS-VIMIANZO
N
217.000
NON
APTO
L
TAL
MUROS
N
48.000
NON
APTO
M
GALLOUFA
PORTO DO SON
N
290.000
NON
NON APTO
O
SERA
PORTO DO SON
A
115.000
NON
APTO
P
LAXE BRAVA
RIBEIRA
N
308.000
NON
APTO

 
Denominación
Situación
Tipo
Superficie(m2)
Rede Natura
Hábitats prioritarios
VALORACIÓN
1
ORELLUDAS
Sta. M.ª OIA
N
75.000
NON
NON
APTO
2
MOUGÁS
Sta. M.ª OIA
A
88.000
NON
NON
APTO
3
PUNTA DOS PATOS
CANGAS
A
34.000
NON
NON APTO
4
PUNTA MOREIRAS
O GROVE
A
9.800
NON
NON
APTO
5
ARDÍA
O GROVE
A
26.500
SI
NON
APTO
6
BICO DA RAN
CAMBADOS
A
60.000
SI
NON
APTO
7
COUSO-AGUIÑO
RIBEIRA
A
55.000
NON
NON
APTO
8
PUNTA CORVOS
RIBEIRA
N
325.000
NON
NON
NON APTO
9
LIRA
CARNOTA
A
150.000
SI
NON
APTO
10
QUILMAS
CARNOTA
A
250.000
NON
NON
APTO
11
CABO CEE
CORCUBIÓN
N
75.000
NON
NON
APTO
12
TOURIÑÁN
MUXÍA
N
357.000
SI
P
NON APTO
13
MEREXO
MUXÍA
A
270.000
NON
NON
APTO
14
PUNTA DO CORNO
CAMARIÑAS
A
77.000
SI
SI
NON APTO
15
CAMELLE
CAMARIÑAS
N
101.000
NON
NON
APTO
16
SAN FELIPE
FERROL
A
6.850
NON
NON
APTO
17
MEIRÁS
VALDOVIÑO
A
22.000
SI
NON
APTO
18
REGODOLA
XOVE
N
26.000
NON
NON
APTO
19
MORÁS
XOVE
N
155.000
NON
NON
APTO
20
LAGO
XOVE
A
273.000
NON
NON
APTO
21
HOYO LONGO
RIBADEO
N
240.000
NON
NON
APTO


Ligazóns

5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: