O descenso non vai supoñer o abaratamento inmediato das hipotecas, aínda que marca unha tendencia para as próximas revisións.
O euribor, indicador que se emprega con máis frecuencia para fixar o prezo das hipotecas, baixou de novo en febreiro até o 4,349%, fronte ao 4,498% co que rematou o mes de xaneiro. Con este resultado, o euríbor acada o seu nivel máis baixo dende abril de 2007. Porén, isto non vai supoñer un descenso inmediato das hipotecas con revisión anual, mais si da que se revisan semestralmente. Os datos confirman a tendencia á baixa do euribor por segundo mes consecutivo, aínda que terán que ser confirmados a mediados de marzo polo Banco de España.