Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xuízo en Francia

Caso 'Prestige': os avogados apelan á inmunidade do Estado Español

Mariscadores de Charente-Marítime demandan indemnizacións millonarias pola marea negra de 2002, nun proceso previo ao que vai ter lugar en Corcubión.

Redacción - 19:05 28/02/2008
Praia luxada pola marea negra do 'Prestige', en Arcaishon

Praia luxada pola marea negra do 'Prestige', en Arcaishon

Malia que na audiencia que tivo lugar esta cuarta feira en Rochefort (Charente-Marítime, Francia) os avogados do Estado Español apelaron á inmunidade deste pola súa condición de país soberano, o maxistrado do xulgado de Primeira Instancia da localidade francesa aceptou os argumentos dos letrados dos demandantes, dous sindicatos de mariscadores e a asociación Keep it Blue.

O Estado Español, xunto co armador e coa compañía fretadora do Prestige, podería ter que facer fronte a unha multa millonaria en concepto de indemnización pola marea negra que provocou o Prestige en 2002, e que chegou até costas galas estragando a campaña dese Nadal. A decisión final coñecerase o 15 de maio.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: