Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Acto no Parlamento

O emprego da palabra como instrumento para chegar á paz

Finalizan as xornadas conmemorativas do Día Escolar pola Paz coa visita de estudantes de varios centros de secundaria á Cámara.

Redacción - 14:03 26/02/2008
Unha imaxe do Parlamento

Unha imaxe do Parlamento

Varios estudantes de sete centros galegos reivindicaron esta terza feira no Parlamento o emprego da palabra como instrumento para conseguir un mundo en paz e pórlles fin aos conflitos bélicos nos que aínda hai nenos soldado implicados.

Eran 160 mozos e mozas de secundaria, que se converteron por un día en parlamentarios para celebrar na Cámara un pleno conmemorativo do Día Escolar pola Paz, acompañados de varios profesores e de representantes dos tres grupos parlamentarios: Guillermo Meijón Couselo (PSdeG), César Pérez Ares (PPdeG) e Carlos Aymerich (BNG).

O acto, organizado polo Seminario Galego de Educación para a Paz, desenvolveuse durante toda a mañá no Pazo do Hórreo, e mesmo houbo un momento para a intervencións dos estudantes, que quixeron destacar os valores da paz, a xustiza e a humanidade para denunciar un mundo no que hai "unha decena de graves conflitos armados".

Angel Iglesias Díaz, membro fundador do Seminario Galego de Educación para a Paz, tamén tivo un seu momento de intervención no acto, no que alertou da "crueldade" que sofren os nenos soldados e lembrou que nos últimos anos "morreron dous millóns de menores en guerras" e na actualidade "hai 300 mil, dos que un terzo son mulleres".


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: