As obras de ampliación do aparcadoiro de Peinador levan por diante varios exemplares. A empresa asegura que conta cun informe ambiental que avala a actuación.
Dragados é a empresa concesionaria das obras
Traballadores da empresa Dragados, concesionaria das obras de ampliación do aparcadoiro de Peinador, procederon a talar este martes á mañá varias árbores centenarias situadas nas inmediacións da terminal de Vigo.
Responsábeis de Dragados afirmaron contar cun informe ambiental que avalaría a actuación. Entre os exemplares hai media ducia de carballos e outros tantos cipreses, estes últimos trasladados dende antiga terminal.