Portugal é un dos países europeos con un nivel un nivel máis elevado de pobreza infantil. Só está por detrás de Polonia, co 20% dos nenos e nenas afectados.
Segundo un informe conxunto sobre a protección e a inclusión social, que se presentou esta segunda feira e que deberá ser tido en conta polo Consello de Ministros de Emprego e Seguridade Social, en Portugal hai máis dun 20 por cento de nenos e nenas (un de cada cinco) expostos aos riscos da pobreza.Nesta listaxe están tanto nenos que viven con adultos desempregados como os que viven en lares onde non hai desemprego.
Portugal ocupa o penúltimo lugar desta listaxe e é apenas superado por Polonia, aínda que ámbolos dous países teñen un 20 por cento de risco de exposición á pobreza infantil. O topo da listaxe ocúpano Finlandia e Suecia, con só un 7% de meniños preto dunha situación de pobreza en todo o seu territorio.
En catro grupos de pobreza: no último, o Estado Español e Portugal
Este informe da Comisión Europea divide os Estados membros en catro grupos, segundo os resultados de cada país en tres grandes sectores: desemprego, pobreza dos traballadores e falta de asistencia social.
No grupo A (aquel dos que presentan mellores resultados, con niveis baixos de desemprego, cunha seguridade social eficaz, mais con niveis de pobreza nos lares onde hai nenos) están incluídos Austria, Chipre, Dinamarca, Finlandia, Eslovenia, Holanda e Suecia.
No B están Alemaña, Bélxica, Estonia, Francia, Irlanda e a República Checa. No ce Eslovaquia, Hungría e o Reino Unido.
E por último, no grupo C no que están os países nos que se rexistra niveis relativamente altos de pobreza infantil, extremadamente elevados entre familias traballadoras, e cunha fraca asistencia social, atópanse o Estado Español, Grecia, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Polonia e Portugal.
O informe non contempla a Bulgaria e Romanía, os últimos países que entraron na UE.