Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ANIVERSARIO

Vieiros, doce anos tecendo o día a día

Un 24 de febreiro de 1996 principiabamos a nosa andaina na rede.

Redacción - 09:15 24/02/2008
Tags:

Este domingo cúmprense doce anos do nacemento de Vieiros. Un 24 de febreiro de 1996 botaba a andar un pequeno buscador de webs galegas que, en pouco tempo, comezou a achegar novas a través da rede. Cando comezou a xestarse o proxecto de Vieiros, na primavera de 1995, a internet galega ficaba reducida aos primeiros experimentos da Universidade de Santiago de Compostela e a un monllo de webs persoais.

Ao longo destes doce anos, coa colaboración dos internautas, Vieiros foise consolidando como unha referencia indispensábel do xornalismo dixital en Galiza. A arela era contar o mundo dende aquí, coas nosas palabras. O horizonte segue a ser o mesmo, contribuír á normalización política e cultural dun país no que todos facemos falta.

Repensar Vieiros

A innovación foi dende sempre unha das nosas máximas. En marzo do ano pasado, pouco despois de cumprir once anos, repensamos Vieiros. Queriamos mellorar os contidos, camiñando cara un xornal multimedia no que tivesen mellor encaixe as imaxes, os vídeos e os audios. Mais tendo moi presente un dos sinais de identidade deste proxecto: a participación das nosas e dos nosos lectores.

A vindeira semana haberá pequenas novidades na portada do xornal. Os cambios buscan facilitar a navegación polo océano vieiresco, oferecendo unha información máis áxil e estruturada. Eis o mellor xeito de celebrar os doce anos.

Anteriores: Especial dez anos nos teus ollos


5/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Cando Vieiros cumpría 11 anos, o ano pasado co vello deseño
Cando Vieiros cumpría 11 anos, o ano pasado co vello deseño
Unha imaxe dos primeiros tempos de Vieiros
Unha imaxe dos primeiros tempos de Vieiros