Vieiros

1996-2006. 10 anos nos teus ollos

Dez anos nos teus ollos
O 24 de febreiro de 1996 a primeira páxina de Vieiros vía a luz en Ferrol. Agora soa tópico dicir que non contabamos con botar dez anos e con converternos no medio en galego máis lido. Pero foi así. Durante o 2006 argallaremos distintos actos de celebración para agradecervos o voso apoio como lectores e lectoras, as informacións que nos enviastes, as vosas críticas. Grazas por deixarnos chegar ata aquí. Debémosvos unha.


 

Xente da casa


 

Vieiros 10 fitos

En 1996 Vieiros sumábase á rede. Agora celebramos o noso décimo aniversario, algo que daquela non ousabamos a imaxinar. Queremos compartir con vós dez fitos desta nosa e vosa historia. E partillar tamén a nosa ledicia toda.


Como nos ves, como nos queres?

Hai alguén ao outro lado? Sabemos que si. Por iso queremos que te pronuncies, que nos digas qué foi o mellor destes dez anos e qué cousas mudarías de Vieiros para a próxima década. Déixanos a túa marca.


Na nosa liña


 

'O silenzo das palabras' gaña o concurso de fotografía sobre a lingua

[07/06/2006 18:09] "Podemos falar galego só cun ollar? O neto e o avó cóntannos dúas historias breves, unha vida pasada e agora tranquila contrasta ca forza e vitalidade doutra vida por percorrer. Falan coa forza dos seus ollos, e falan en galego". Este é o texto que acompañaba a fotografía titulada O silenzo das palabras, a gañadora do concurso O galego no espello no que lles pediamos aos nosos lectores que enviasen fotos que expresasen o significado da lingua e unha visión sobre o seu futuro. O autor da foto premiada é Antonio Matías, que levará como agasallo unha cámara Réflex dixital.
 

A polo ghit: buscamos a nosa propia canción do verán

[03/06/2006 12:01] A Radio Galega e Vieiros veñen de lanzar A polo ghit!, un concurso de creación musical na rede para buscar, incentivar e proclamar a canción do verán galega. Nun ano no que se vén de demostrar que a circulación da música en internet pode auspiciar de maneira alternativa ás radiofórmulas unha canción do verán (véxanse os casos do Koala ou de Amo a Laura), é a oportunidade para que o idioma galego compita en igualdade de condicións co castelán en materia de popularidade musical e, por que non, frivolidade e diversión.

O Canal Solidario xa fala galego

[29/05/2006 17:36] Con máis de seis anos de traxectoria en internet informando de cooperación, dereitos humanos ou inclusión social, o Canal Solidario, impulsado pola Fundación Chandra, e co apoio da Fundación Un Sol Món de Caixa Catalunya, poderá ser navegado en lingua galega desde Vieiros. O Canal está desde hai tempo vencellado ao proxecto One World, unha rede internacional con preto de dous milleiros de colectivos afiliados en todo o mundo. Tratando de ser "motor de cambio para unha sociedade máis incluínte e xusta", o Canal Solidario ofrece un bo abano de contidos: directorio de asociacións, bolsa de voluntariado, chats, entrevistas, reportaxes, axenda de actividades, formación relacionada co ámbito da cooperación ou noticias dos grupos relacionados.


Outras novas

saúdannos


 

10 anos de novas

Dez anos achegando noticias á rede. Unha década informando sobre o mundo, Galiza e ti. Da hemeroteca virtual de Vieiros recuperamos dez noticias que trazaron a nosa andaina e unha época rebulideira do noso país. Foron dez novas que nos enlearon apaixonadamente na rede.



© 2006. Ir á portada de Vieiros