Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OPERACIÓN MILITAR

Os EUA destrúen o satélite espía que se achegaba á Terra

Un mísil lanzado dende un buque de guerra estadounidense conseguiu, segundo algunhas fontes, acadar o seu obxectivo.

Redacción - 10:10 21/02/2008

A madrugada do mércores ao xoves, a Armada dos Estados Unidos lanzou un mísil contra o satélite espía US 193, que estaba a perder altura e acabaría impactando coa Terra. O dispositivo, que deixara de funcionar pouco despois da súa posta en órbita, en decembro de 2006, contiña un combustíbel moi tóxico.

Fontes do exército estadounidense confirmaron que o lanzamento se produciu dende un barco de guerra Lake Erie, situado no Pacífico Norte, e que o satélite foi interceptado con éxito. O custo da operación foi de 60 millóns de dólares. Agora, os restos do aparello sumaranse aos miles de fragmentos de lixo espacial que xiran arredor do planeta.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: