Promovido para "emprender proxectos conxuntos" integra unicamente media ducia de concellos con alcalde do PSdeG.
En palabras do elixido como voceiro da plataforma, o alcalde de Culleredo, Xulio Sacristán, o grupo Auriga pretende "aplicar políticas europeas de medio ambiente urbano, promover a sociedade do coñecemento, loitar contra a fenda dixital, mellorar a capacidade de xestión e planificación, resolver problemas de mobilidade e conservar ou patrimonio natural". Ademais de Culleredo, a rede Auriga integra a Cambre, Vilagarcía, Marín, Rendondela e Ames.
Os rexedores argumentan que se trata de seis municipios cunha poboación de entre 20 mil e 50 mil habitantes que agora mesmo en Galiza están entre "os que máis medran", e subliñan que o seu crecemento é maior que o das cidades. Ademais de deseñar accións conxuntas "para resolver asuntos comúns", tamén pretende ser "un grupo de presión" para lograr diferentes obxectivos, especialmente no que lle toca á "cuestión urbanística".