Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Tras suspenderse a deste domingo

O alcalde de Cervantes teima en traer doutra volta a caravana de mulleres

O PSdeG critica as denuncias do BNG contra a caravana, argumentando que os nacionalistas tamén teñen as súas "de xubilados".

Redacción - 19:17 11/02/2008
Unha imaxe dos Ancares, comarca na que se atopa o concello de Cervantes / Flickr: freecat

Unha imaxe dos Ancares, comarca na que se atopa o concello de Cervantes / Flickr: freecat

O alcalde de Cervantes (Os Ancares), Benigno Gómez Padín, do PSdeG, asegurou esta segunda feira que vai tentar traer, outra vez, a caravana de mulleres ao seu concello, despois de se ter suspendido a prevista para o pasado domingo.

Gómez Padín tamén destacou que vai "tentar facer unha festa de solteiros", tras recoñecer que é problemática a situación do concello, con 500 solteiros nun censo de 1.800 habitantes.

O BNG tamén ten as súas "caravanas de xubilados"
Sobre as críticas do BNG sobre a caravana de mulleres, Padín asegurou que é normal velas en moitas vilas por todo o Estado, posto que "se trata dun encontro, non é máis nada, e pode xurdir ou non", afirmou, ao tempo que acusaba aos nacionalistas de "retrógrados".

O secretario provincial do PSdeG en Lugo, Luis Anxo Lago, preguntoulle ao BNG se para eles tamén son "indignas e denigrantes" o que describiu como "caravanas de xubilados que percorren Galiza para aplaudirlle a Quintana, ao estilo do que facía Fraga hai uns anos".

Contra a postura "sectaria e de talibáns" do BNG
Lago tamén dixo que cada vez se entenden menos "posturas tan intransixentes" como a amosada polo BNG que "condena sen máis idea e de forma inapelábel os actos doutras persoas sen sequera darlles tempo a se defenderen".

Así, para o socialista lugués, a do Bloque é unha posición "absolutamente sectaria e de talibáns". "Son moi dados a lanzar proclamas e condenas incendiarias contra os demais, sen mirarse no espello", concluiu Lago.


3/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: