Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Despois da queixa

Grande-Marlaska rectifica: onde puxen "dialecto" poñan "idioma"

Cualifica de "error material" o acontecido e pide "desculpas", modificando no documento legal a expresión "dialecto galego" por "lingua ou idioma".

Redacción - 15:15 07/02/2008

Dada "a entidade do erro material sufrido", o xuíz Fernando Grande-Marlaska solicitou desculpas pola providencia emitida o pasado luns 28 de xaneiro onde se utilizaba a expresión "dialecto gallego" ao referírense á petición dun intérprete de galego realizada polos catro mozos acusados de queimar unha imaxe de El-Rei. O maxistrado atribúelle a expresión a un axudante, malia que asume a responsabilidade polo aco0ntecido. De paso, inclúe un pequeno texto onde pide que "non sexa discutido" o seu "alto respecto ao conxunto de idiomas con recoñecemento oficial en España".

Desde NÓS-Unidade Popular, o colectivo que denunciara o caso e ao que pertencen os catro mozos acusado, sinalan a importancia da "perseverancia e a denuncia constantes" fronte a casos que coma este, segundo se laian, exemplifican non só "o lamentábel estado dos dereitos lingüísticos na Galiza" senón tamén "un déficit democrático no actual estado unitario español". Ao respecto, critican que non se pronunciasen sobre o asunto o Goberno e os colectivos sociais requiridos.


4,65/5 (17 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: