Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Só en Cataluña se pode estudar éuscaro

As EOI do espazo Galeuscat non ofertan aínda as linguas dos veciños

Non hai oferta de catalán e éuscaro nas Escolas Oficiais de Idiomas de Galiza, nin de galego e catalán nas EOI vascas.

Redacción - 09:00 07/02/2008

A única Escola Oficial de Idiomas (EOI) no espazo Galeuscat onde se inclúe unha das linguas cooficiais no Estado, alén da propia, é a de Drassanes, en Barcelona, onde cursan éuscaro un total de 154 alumnos. Porén, hai uns cinco anos a EOI de Santa Coloma de Gramenet (Barcelona) abriu a matrícula para galego, xa que é unha zona onde hai unha grande colonia de emigrantes de Galiza, pero segundo informou para Europa Press a Generalitat catalá "non se matriculou ninguén" e canceláronse as clases.

No caso de Galiza, os centros que dependen da Xunta non acollen as outras linguas cooficiais do Estado porque "non se detectou a demanda", segundo explican desde a Consellaría de Educación, malia que de constatarse a "necesidade", a Xunta "estudaría a posibilidade" de incluílas na programación. Nese sentido, desde a administración explican que a propia oferta recente de chinés ou xaponés nas EOI responde a esa detección da demanda.

En contraposición, si se pode estudar galego en Castela e León, concretamente en Ponferrada; e en Madrid; mentres que a escola oficial de León vaino incorporar o ano que vén, segundo lle ratificaron fontes da Secretaría Xeral de Política Lingüística a Europa Press.

Galego no mundo
Por outro lado, hai un total de 45 centros de estudios galegos en 17 países nos que se pode estudar galego, dende Arxentina, Brasil e Estados Unidos até Australia, pasando por Alemaña, Finlandia, Hungría, Francia, Reino Unido e Rusia, entre outros. No Estado español, existen diferentes lectorados de galego, en diversas facultades de filoloxía, situados nas universidades de Bilbao, Vitoria, Barcelona, Madrid, Granada, Murcia e Salamanca.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: