Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Segue a polémica na Federación Galega de Piragüismo

Alfredo Bea presenta reclamacións após a repetición parcial das eleccións

O asunto vai ir de novo ao Comité Galego de Xustiza Deportiva, que avaliará se houbo ou non irregularidades na segunda votación.

Redacción - 11:05 06/02/2008

A candidatura do palista Alfredo Bea á presidencia da Fegapi presentou esta terza feira reclamacións por presuntos defectos formais en varios votos emitidos o domingo, na repetición parcial das eleccións, nas que volveu gañar Modesto Valledor por unha vantaxe de só catro votos (42-38).

Agora será o CGXD quen terá que decidir se admite ou non a reclamación. No caso de admitila, sería a primeira vez na historia que se repetirían tres veces unhas mesmas eleccións nunha soa federación.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: