Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Primeiros resultados do Super Martes

Clinton e McCain collen vantaxe nas primarias dos EUA

As vitorias en estados chave coma Nova York e California colocan provisionalmente a Hillary Clinton e John McCain á fronte das candidaturas dos respectivos partidos.

Redacción - 07:00 06/02/2008

A vitoria en Nova York, o estado onde Hillary Clinton saltou á area política, e onde conseguiu o 57% dos apoios fronte ao 40% de Barack Obama, amosa a tendencia xeral ao longo da noite do Super Martes nos Estados Unidos. Clinton recibiría a continuación a confirmación das súas vitorias en Niuchese e Massachussets, colleitando así unha maioría de votos na costa leste dos EUA.



O balance nesta altura é de 13 Estados con maioría de votos para Barack Obama e 9 do lado de Hillary Clinton. Con todo, Clinton gaña nos que maior peso teñen sobre o total, incluído o que máis delegados poñía en xogo, California, onde, sen finalizar o reconto, a senadora alcanza o 54% dos apoios fronte a un 34% de Obama. Deste xeito, o reconto sería agora mesmo de 656 delegados para Clinton e 558 para Obama.



Máis definidas parecen as cousas no lado do Partido Republicano, onde John McCain chimpa aos 522 delegados, por riba dos 223 cos que queda Mitt Romney e os 142 de Mike Huckabee. Huckabee gañou en estados como Arkansas e Alabama, manténdose así vivo na loita, e reducindo así as aspiracións de Romney que ademais fracasaba en California, onde varias sondaxes lle prognosticaran o triunfo. A vitoria de McCain en áreas clave como a propia California sitúao así como aspirante favorito á sucesión de Bush no liderado republicano.



Recomendámoslles a cobertura de:


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: