Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Combinaría tren e bus aos dous lados do Miño

O Eixo Atlántico propón un consorcio de transportes intermodais na eurorrexión

Incluiría a coordinación de horarios, un sistema único de tarifas e a mellora do sistema de paradas e de información ao público.

Redacción - 09:00 05/02/2008

A proposta está explicada no estudo presentado este luns en Vigo polo Eixo Atlántico. O documento destaca especialmente que as conexións de alta velocidade do Eixo Atlántico redundarán nun beneficio para a zona do litoral galego e portugués, onde se concentra o 80% da poboación de Galiza e o norte portugués así como os principais núcleos industriais. De xeito paralelo, advirte de que o interior continúa o seu "paulatino despoboamento", circunstancia que dificulta a xustificación de investimentos en infraestruturas, unha carencia que, á súa vez, fomenta o abandono destas áreas xeográficas, entrando así en "nun perigoso círculo vicioso do que é difícil saír".

Fronte a esa situación, o informe sostén que a mellor forma de afrontar as carencias no ámbito das comunicacións sería a creación dun consorcio transfronteirizo de transportes entre Galiza e o norte de Portugal. Trátase dun servizo que conectaría as zonas de interior, que sofren un maior illamento, coa costa, máis favorecidas por investimentos en infraestruturas. O consorcio constituiríase en órgano de representatividade das administracións de ambos os dous países e "funcionaría como unha autoridade responsábel da funcionalidade e deseño da oferta de transporte público" aínda que "claramente diferenciada das empresas operadoras".


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: