Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
HOUBO MALVERSACIÓN E PREVARICACIÓN?

Un xulgado de Compostela reabre a investigación sobre a Cidade da Cultura

A decisión é consecuencia das conclusións da comisión parlamentaria celebrada a finais do ano pasado.

Redacción - 10:24 30/01/2008

As decisións xudiciais arredor do complexo do Monte Gaiás semenllan ser cando menos dubitativas. Logo de que en novembro de 2007 o xulgado número un de Compostela arquivase unha denuncia por prevariación e malversación presentada polo ministerio público, agora cambian as tornas. O motivo é que a maxistrada coida que as conclusións parlamentarias dan para, cando menos, reabrir a investigación.

A xuíza santiaguesa atende así a petición do fiscal e dunha militante da CIG, Mar Peteira, que recorreron no seu momento o arquivo das pesquisas. O ministerio público cre que hai indicios suficientes para que se abra un proceso penal. As principais irregularidades terían que ver coa adxudicación das obras e coa reforma de contratos durante os gobernos de Manuel Fraga.


4,78/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: