Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Final do Campionato Estatal Absoluto

Seguimos a ser potencia... do judo!

A final do estatal terminou cunha gran actuación de Galiza, que trouxo 5 medallas para a casa e dous quintos postos.

Redacción - 11:46 28/01/2008
O podio de Óscar Fernández

O podio de Óscar Fernández

Xa contabamos a semana pasada que andamos a nada de ser potencia do judo. Naquela altura xogábanse os pases para a final e a selección galega gañou 10 das 14 medallas de ouro que se xogaban, ademais de 24 pasaportes para Leganés.

Foi neste barrio madrileño onde se disputou, esta fin de semana, a final estatal absoluta, e onde Galiza seguiu a colleita medallas. Alí estaban os 16 mellores judokas de cada peso e categoría (feminina e masculina) que xa se tiñan clasificado nas distintas fases do sector.

Ao final da competición a selección nacional ficou con cinco medallas (unha de ouro e catro de bronce) e dous quintos postos.

Segundo contan dende a Federación Galega de Judo, a alegría da mañá deuna Oscar Fernández, quen gañou o ouro (o que lle vai permitir loitar por unha praza olímpica), e a "gran decepción" foi a derrota de Miguel Romero en semifinais, tras cometer un erro nun combate que parecía dominar.

Os medallistas galegos
Na categoría masculina, levaron medallas:
O ouro: Óscar Fernández Vigil, do Vieirasa Famu de Vigo (-81 de peso).
O bronce: Miguel Romero Azpitarte, do Vieirasa Famu de Vigo (-73 de peso).
Outro bronce: Hugo Burgos Delgado, do Vieirasa Famu de Vigo (-66 de peso).
E os quintos postos foron para: Rubén Perrino (-60) e Diego Abad (+100), do Ximnasio Fibra da Coruña e do Riazor Karba da Coruña, respectivamente.

E as mulleres levaron dous bronces

Un foi para Nagore Valle, do Judo Club Shiai da Coruña (-70); e Sara Álvarez (+78), do Judo Club Lugo.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Unha imaxe dos medallistas galegos / Imaxe: FGJ
Unha imaxe dos medallistas galegos / Imaxe: FGJ
A selección galega Sector Absoluta de judo 2008 / Imaxe: FGJ
A selección galega Sector Absoluta de judo 2008 / Imaxe: FGJ
Imaxe do equipo que leva a selección galega
Imaxe do equipo que leva a selección galega