Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Coxuntura económica

Quintana: "O PP e o PSOE tíranse os datos macroeconómicos á cabeza"

O voceiro nacional do BNG critica o "catastrofismo" dos populares e o "triunfalismo" dos socialistas ante a economía e pide "valentía".

Redacción - 18:10 24/01/2008

O voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana, criticou este xoves o "catastrofismo" do PP e "o aquí non pasa nada" do PSOE fronte á conxuntura económica actual, e avogou por actuar con "valentía e decisión" para afrontar o "cambio de ciclo" e "buscarlles saída aos problemas".

Quintana afirmou que o BNG "non comparte" as visións de populares e socialistas. "O PP e o PSOE tíranse os datos macroeconómicos á cabeza", namentres que os nacionalistas prefiren "tomar a iniciativa", dixo.

Asemade salientou que "non hai datos" para falar de catástrofe económica, mais "si hai datos para non caer no triunfalismo", e sinalou que "non hai que alarmar a sociedade innecesariamente, mais tampouco cruzar de brazos".


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: