Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xerais08

"Como poden aplaudir que un neno non aprenda na escola o idioma da súa terra?"

Expresábao deste xeito o secretario xeral do PSdeG, Emilio Pérez Touriño, criticando este martes a proposta do presidente do PP, Mariano Rajoy, en favor do privilexio ao castelán nas escolas.

Redacción - 09:00 23/01/2008

Na opinión do secretario xeral dos socialistas e presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, a proposta de Rajoy ten que ver co "desprezo que ten pola súa terra". "Porque non se sente orgulloso de ser galego", acusou Touriño ao líder do PP.

No acto de presentación das listas ao Congreso pola provincia de Pontevedra, celebrado en Vigo diante duns 200 militantes, Touriño lamentou que aos populares lles moleste que os nenos aprendan galego e preguntouse "como poden aplaudir que un neno non aprenda na escola o idioma da súa terra?".

Segundo o líder dos socialistas galegos, a proposta de Rajoy "é a explosión dun PP cada vez máis rancio, antigo e cutre". Neste sentido, subliñou que o desexo do PSOE é que "os nenos en Galiza aprendan galego, castelán e inglés".

No acto, Touriño repasou os logros do Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero e advertiu de que a cita electoral do próximo 9 de marzo supón "elixir entre avanzar ou retroceder". Nesta liña, apuntou que "a intolerancia e o inmobilismo quedan no PP" e recordou que o problema dos populares é que "Rajoy leva catro anos conducindo marcha atrás e está a queimar o motor e ao seu partido". "Non vos estrañe que se queime o motor, porque a revisora é Esperanza Aguirre", ironizou.

Uns 20 veciños das parroquias viguesas de Sárdoma e d'A Salgueira recibiron e despediron o dirixente político con pancartas alusiva ao Plan Xeral de Ordenación Municipal e berrando consignas como "democracia e liberdade" ou "mentireiros".


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: