Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Pesimismo fronte á evolución a curto prazo

Inditex, Zeltia e Ence entre os furados máis importantes da bolsa

A inercia da falta de confianza na economía dos grandes motores planetarios, principalmente os EUA, bateu con forza en todo o mundo.

Redacción - 10:00 22/01/2008

Un 6,42% caeu o valor de Inditex durante a xornada deste luns, onde a ameaza de recesión zoupou duro na evolución dos valores bolseiros en xeral e onde atopamos importantes caídas entre o capital galego. Entre os máis afectados aparecen tamén Zeltia, cun descenso medio do 7,32% e Ence, con caída dun 7,06%. Menos duro foi o impacto para as contas de Adolfo Domínguez, que pecharon o día cun 3,93% por baixo dos números da xornada anterior, ou o Banco Pastor, que perdeu un 2,67%. En parecidas cifras se moveu Pescanova, un 3% menos que ao abrir a bolsa, e o Banco de Galicia foi o único que non descendeu, manténdose un 3,96% por riba. O menor impacto foi para Unión Fenosa, que pechou o día cun 1,65% de descenso.

No contorno estatal, o Ibex minguou nun 7,54% ao cabo do día, quedando en 12.658 puntos. O esborrallamento non era tan grande desde agosto de 1991 e desde que se puxo en marcha o indicador, só noutras dúas ocasións houbera no mesmo día unha evolución tan negativa. Na orixe desta caída de pezas do dominó económico mundial están as pesimistas evolucións respectivas de Xapón e Estados Unidos. Especialmente neste segundo caso, o plan de medidas proposto polo presidente estadounidense, George W.Bush, non foi capaz de gañar a confianza dos investidores, acelerando a caída dos mercados bolseiros en todo o mundo.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: