O acordo -que vai xerar un investimento de 150 millóns para a eurorrexión- asinarase na tarde deste venres, na primeira xornada do cumio entre os estados portugués e español.
Os estados portugués e español van asinar un acordo para que o eixo Galiza-Norte de Portugal se converta nunha zona especializada na produción de vehículos ecolóxicos utilitarios.
O primeiro paso para a concreción do acordo de colaboración vai ser dado esta tarde, en Braga, durante a primeira xornada da Cimeira Ibérica, segundo publica Jornal de Negócios.
Máis información no diario Público.