Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Semana de "desgaleguización" da eléctrica

Caixa Galicia segue ao Pastor na saída do capital de Unión Fenosa

Caixa Galicia reduce do 10 ao 5% o investimento en Fenosa.

Redacción - 09:00 18/01/2008

Mentres abrollan á prensa económica os ruxerruxes sobre o futuro inmediato de Unión Fenosa, que podería pasar por unha fusión para a que xorden varias posíbeis noivas, as entidades financeiras galegas encheron petos esta semana a conta da boa evolución bolseira da eléctrica.

O primeiro foi o Banco Pastor, do que se coñecía a venda dun 1,14% que lle proporcionaba ingresos brutos de até 110 millóns de euros. Con todo, esa operación deixaba á que fora entidade clave na fundación da empresa eléctrica con só o 1,86% do capital de Fenosa.

E este xoves, chegaba comunicación de que Caixa Galicia reduce dun 10 a un 5% a súa participación na eléctrica. Trátase dunha serie de desinvestimentos que se terían realizado ao longo de todo 2007 e que sumaron a venda de até 15,23 millóns de accións, un volume que, comparado cos prezos desta mesma semana, implicaría ingresos para a caixa de arredor de 682 millóns de euros. Con todo, e segundo lle indicaron a Europa Press fontes de Caixa Galicia, a entidade ten o compromiso de "manterse no capital de Unión Fenosa".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: