O Conselleiro de Medio Rural da Xunta falará sobre esta iniciativa que pretende mellorar a explotación agraria en Galiza.
Suárez Canal informará no Centro Galego da situación do "Banco de Terras de Galiza", o Bantegal, que pretende recuperar as terras improdutivas e reactivar a produción agrícola nas zonas afectadas polo envellecemento e o éxodo rural, mediante un sistema de arrendamento. A iniciativa está destinada ás explotacións que queiran aumentar a súa superficie agrícola e formúlase coma medio para frear o abandono das propiedades, incentivar a incorporación da mocidade, facilitando o acceso á terra, e tamén para limitar o risco de incendios forestais.
Conferencia: O Banco de Terras de Galiza
Sábado 19 de xaneiro, ás 19 horas
Centro Galego de Barcelona
Rambla de Caputxins, 35