Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Aproveitando a relación lingüística e cultural

Galiza melloraría a política externa cunha maior presenza nas embaixadas lusófonas

Vía Galego asegura que fomentar a presenza galega nesas delegacións melloraría tamén as relacións internacionais do estado Español.

Redacción - 17:46 17/01/2008

A Fundación Vía Galego reclama un peso máis específico de Galiza nas embaixadas que o Estado español ten nos países de lingua portuguesa. A raíz da XX Cimeira Hispanofrancesa, abriuse a posibilidade de crear unha embaixada conxunta entre dous estados en Timor Leste, país de lingua oficial portuguesa, e dende a organización consideran que esta é unha ocasión propicia para reivindicar un maior peso do noso país nas embaixadas lusófonas.

Entre as iniciativas que poderían facer que Galiza aumentase a súa presenza nas embaixadas, atópanse a existenca de dúas ou tres persoas que compilasen información e axudasen a entender as culturas dos diferentes países, segundo indicou o director de actividades da Fundación, Anxelo Gonçalves. Dende Vía Galego tamén procuran chegar a un acordo coa Secretaría de Relacións Internacionais para que tramiten a petición ao Ministerio de Asuntos Exteriores.

Outra das alternativas sería que as embaixadas españolas remitisen á Xunta relatorios sobre a situación dos países onde hai embaixadas co fin de ter a información suficiente para implementar a nosa política externa. Con estas medidas, o obxectivo é o de fomentar unha polítiaca exterior propia, coñecendo as características de cada país e aproveitando as relacións culturais que dende Galiza temos coas zonas lingua portuguesa.

Suporía tamén unha vantaxe para o Estado español

Esta iniciativa tenta promover o aproveitamento da estreita relación lingüística e cultural que ten Galiza coa lusofonía. Trataríase pois dunha vantaxe e riqueza para o estado Español, segundo indica o presidente de Vía Galiza, Carlos Callón, quen sinala ademais que "o lóxico é que Galiza sexa a ponte de relacionamento natural entre o Estado español e os territorios de fala galego-portuguesa".

Actualmente, existen embaixadas españolas en diversos países de lingua oficial portuguesa, como son Angola, Brasil, Cabo Verde, Mozambique, Portugal e São Tomé e Príncipe. O aumento da presenza de Galiza nestas embaixadas suporía un "paso importante" para mellorar as relaciones con estes países.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: