Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Datos do INE portugués

A taxa de risco de pobreza baixou en Portugal até o 18% en 2006

Os dous anos anteriores a cifra de persoas que tiñan unha renda anual por adulto inferior a 4.300 euros acadaba o 19 e o 20 %

Redacción - 11:50 16/01/2008

A taxa de risco de pobreza portuguesa mermou ao longo de 2006 situándose no 18 por cento, o que supón unha redución con respecto aos datos recollidos polo Instituto Nacional de Estatística (INE) do país luso, durante os anos 2005 e 2004, onde o dato se situaba no 19 e no 20 por cento respectivamente. Esta taxa corresponde á proporción de habitantes con ingresos anuais por adulto equivalentes ou inferiores a 4,386 euros no ano anterior, o que supón preto de 366 euros mensuais.

A distribución dos ingresos está marcada por unha acentuada desigualdade. O 20 por cento da poboación con maior renda, multiplicaba por 6,8 a os ingresos da poboación con menos renda (os dous anos anteriores, este número aumentaba até o 6,9).

Ante esta situación, o primeiro ministro do país luso, José Sócrates, defendeu que os riscos de pobreza e as desigualdades nos ingresos están a diminuír en Portugal, e que "a pesar de que o INE non atribúe os resultados a ningunha medida específica do Goberno, estou convencido de que o complemento solidario para maiores ten un efecto fundamental".


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: