Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"O bikini discrimina"

Cos peitos espidos nas piscinas, igual ca os homes

Feministas de Suecia que reivindican o dereito das mulleres a non cubrir o torso nas instalacións cubertas conseguiron un primeiro triunfo na localidade de Sundsvall.

Redacción - 12:00 14/01/2008
Unha versión completamente oposta á iniciativa sueca: o 'burquini'

Unha versión completamente oposta á iniciativa sueca: o 'burquini'

Durante décadas unha das principais campañas do movemento feminista estivo dirixida contra a exhibición pública de corpos femininos espidos.

Mais dende o punto de vista das activistas da organización Bara Bröst (Peito Espido), a prohibición de desposuírse da parte superior do bikini nas piscinas cubertas de Suecia constitúe unha forma de discriminación, xa que os homes poden mostrar o seu peito sen problemas. Aínda así, afirman, o fin último da campaña é protestar contra a "sexualización" do peito feminino.

O primeiro triunfo chegou recentemente. Tras varias manifestacións nas piscinas de diversas cidades, incluída a capital, Estocolmo, nas que se botaban á auga sen a peza superior do traxe de baño -da que eran sempre desaloxadas-, finalmente, os encargados da piscina pública da localidade portuaria de Sundsvall, ao norte do país, cederon e optaron por permitirlles nadar ao seu gusto "mentres non incomoden a outros bañistas".

Críticas
Na prensa sueca (tamén na blogosfera) houbo cartas de apoio, mais tamén críticas. Así, hai quen di que este tipo de cuestións non contribúe a lograr metas de fondo, como que as mulleres accedan a mellores traballos e reciban soldos máis altos.

Polo momento, Bara Bröst xa estendeu o seu radio de acción a Noruega e a Dinamarca. Está por ver se a reivindicación chega tamén a Galiza.


4,92/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: