Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Tregua para este luns

Nevaradas e temporal de vento zoupando no país

A Dirección Xeral de Tráfico alerta da necesidade de usar cadeas nos pasos de montaña de Pedrafita e Pobra de Trives. O inverno apertará máis aínda o martes.

Redacción - 09:00 14/01/2008

A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) alerta da necesidade de usar cadeas nos portos de montaña de Pedrafita (Lugo) e Pobra de Trives (Ourense) debido á presenza de neve na estrada. Así, segundo informaba a DXT a última hora do domingo, había circulación moi lenta con paradas frecuentes e prolongadas na estrada LU-633 entre os quilómetros 0 e 20 en ambos os dous sentidos ao haber nivel vermello por neve.
Tamén avisa da presenza de neve entre os quilómetros 5 e 8 da estrada OU-0704 en ambos os dous sentidos en Pobra de Trives polo nivel vermello de neve, ao estar a calzada completamente cuberta, sendo tamén só posíbel a circulación facendo uso das cadeas ou pneumáticos especiais.

Segundo o prognóstico de Meteogalicia, o luns será unha nova xornada de transición entre a fronte do domingo e unha nova que se agarda para o martes. Con esta situación, os ceos presentarán intervalos nubosos, con posibilidade de chuvascos ocasionais, máis probábeis durante a mañá. Estes chuvascos poderán ser de neve nas zonas montañosas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: