Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FEIRA DO COCIDO

Lalín: Entre o grelo e samba

A capital do Deza celebrará o 27 de xaneiro a súa cuadraxésima festa gastronómica recuperando as polémicas “garotas” no desfile de carrozas.

Redacción - 18:53 11/01/2008
Tags: festa Lalín

Unha das festas gastronómicas máis importantes do país, quenta xa motores para o seu día grande: o 27 de xaneiro. A Feira do Cocido de Lalín chega á súa cudraxésima edición agardando por milleiros de adoradores do grelo e da boa cachucha. En total, serán 25 os restaurantes nos que se poderá degustar o cocido a un prezo que oscilará entre os 20 e os 40 euros.

O alcalde de Lalín, Xosé Crespo, anunciou que este ano volverán estar no desfile de carrozas as controvertidas “garotas” do Brasil. Un grupo de brasileiros que viven en Valencia van ofrecer un espectáculo de capoeira e samba. O propio rexedor sinalou que el preferiría que non estivesen as garotas no desfile mais lembrou que houbo unha votación popular e a maior parte dos participantes optaron pola presenza das brasileiras.

Mais esta edición traerá novidades importantes até a capital do Deza. A máis curiosa é a “Pig Parade”, inspirada na “Cow Parade” que puido verse o ano pasado en Vigo. Diferentes artistas locais pintarán seis cochos que estarán nas rotondas da vila.

Poden consultar aquí toda a información sobre a Feira do Cocido


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: