Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Loita contra o cambio climático

Australia segue os pasos de China contra as bolsas de plástico

O novo ministro de Medio Ambiente quere que se aplique gradualmente dende finais de 2008.

Redacción - 11:50 10/01/2008
Os estados do mundo están a tomar medidas para reducir o uso do plástico

Os estados do mundo están a tomar medidas para reducir o uso do plástico

"Hai unhas 4.000 millóns destas bolsas por aí, que chegan ao campo, terminan por afectar á nosa natureza, e que vemos nas nosas praias cando imos de vacacións", dixo o novo ministro de Medio Ambiente, o laborista (socialdemócrata) Peter Garrett, esta quinta feira.

Australia segue deste xeito os pasos de China ao anunciar os seus plans de acabar co uso de bolsas de plástico nos supermercados.

Garrett, que quere que se aplique gradualmente desde finais de 2008, dixo: "Creo que a maioría dos australianos queren acabar con elas. Cremos que é absolutamente fundamental que apliquemos medidas".

Ademais de China e Australia, outros países como Irlanda e Suráfrica experimentaron xa con outro tipo de medidas destinadas a eliminar o uso das bolsas de plásticos que van dende a prohibición total (China) até a imposición dun elevado imposto (Irlanda).


5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: