Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Cumpridos os 58 anos do seu pasamento

Os galegos da Arxentina lembran o Castelao republicano e galeguista

A Federación de Asociacións Galegas da República da Arxentina homenaxea a Castelao ao cumprirse, a vindeira segunda feira, os 58 anos xustos do seu falecemento.

Redacción - 13:30 04/01/2008

A vindeira quinta feira 7 de xaneiro, ás 20:00 horas, na praza que leva o seu nome, situada na Avenida Independencia e Bernardo de Irigoyen, en Bos Aires, as Sociedades Galegas do outro lado do Atlántico vanlle render unha homenaxe ao líder galeguista.

No acto, ao que vai asistir moita xente da Arxentina, mais tamén do país, (entre eles o presidente da Federación, Francisco Lores Mascato) váiselle entregar aos convidados unha réplica (na imaxe) da solicitude de ingreso no Centro Republicano Español de Bos Aires, datada de 1943 e que na actualidade está no Museo da Emigración Galega.

Filiación política? "Galeguista de sempre"
Na solicitude, Castelao escribiu, da súa man, o seu nome, enderezo na cidade arxentina, data de nacemento (en "Rianjo", Coruña) e filiación política actual e anterior, cadriño ben completo, que o político galego encheu, cunha letra das da xente de antes, coas verbas "Galeguista de sempre".

Había botar, dende a escritura desta solicitude, uns dez anos na Arxentina, vivindo en Bos Aires. Alfonso Daniel Rodríguez Castelao morreu o 7 de xaneiro de 1950 no sanatorio do Centro Gallego de Bos Aires. Soterrárono dous días despois no Cemiterio de la Chacarita, mais en 1984 volveu a Galiza para descansar no Panteón dos Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval.

Agora, 58 anos após o seu pasamento, os galegos da Arxentina faranlle unha ofrenda floral no monumento erguido na súa honra. Ao tempo van actuar as Bandas de Gaitas Ciudad de Buenos Aires e a Federal.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: