Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOVO ACCIDENTE LABORAL

Aparecen os corpos de dous mariñeiros que desapareceran na Ría de Pontevedra

Os dous finados eran veciños de Bueu que saíran a pescar centolos a bordo dunha gamela.

Redacción / EP - 16:53 03/01/2008

A sinistralidade no sector pesqueiro galego segue enloitando as vilas mariñeiras. A mediodía deste mesmo xoves, un equipo de Salvamento Marítimo recuperou os corpos de dous mariñeiros que desapareceran a noite anterior na Ría de Pontevedra. O achádego tivo lugar en augas próximas á localidade de Marín.

Os dous traballadores, veciños de Bueu saíran na noite do mércores a bordo dunha gamela para capturar centolos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: