Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Crecemento do 4,1% en 2006

Apurando o paso cara á converxencia económica

As últimas cifras que chegan do INE colocan o país dúas décimas por riba da media estatal e máis dun punto sobre a media europea.

Redacción - 09:30 28/12/2007

Galiza, xunto con Murcia, Cantabria e Euskadi, incrementaron o seu Produto Interior Bruto en 2006 até un 4,1%, por riba da media estatal do 3,9%, segundo a estatística de "Contabilidade Rexional" do Instituto Nacional de Estatística (INE).

Tamén por enriba da media se situaron a Comunidade de Madrid e Aragón, cun 4%. Na media estatal quedaron Navarra, Andalucía, Castela-A Mancha e a Comunidade Valenciana, todas elas cun crecemento do 3,9%. En niveis inferiores a esta media, a estatística sitúa Cataluña e Asturias, cun 3,8%; Melilla e A Rioxa, cun 3,6%; e Castela e León e Estremadura, cun 3,5%. O menor dinamismo protagonizárono Canarias (3,3%) e Baleares (3,4%). Con todo, mesmo estas comunidades se mantiveron por enriba da media da UE-27, que foi nese período do 3%.

Evolución menos positiva no último lustro
En canto ao período 2000-2006, Galiza quedou cun 3,09% por baixo da media estatal (3,36%), malia que os datos dos últimos anos estudados indican un prognóstico positivo. Á cabeza nese período aparece Murcia (3,99%), seguida de Andalucía (3,72%) e a Comunidade de Madrid (3,57%). Completaron este grupo Estremadura (3,52%), Castela-A Mancha (3,48%), Cantabria (3,46%), Comunidade Valenciana (3,38%) e Canarias (3,37%).


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: