Con ese lema convoca a Deputación de Lugo unha nova edición deste curso, destinado a estimular o uso do galego por parte da inmigración.
"Queremos que a lingua sexa nexo de unión entre persoas de diferente cultura", indicou Antonio Veiga, responsábel da área de Cultura na Deputación de Lugo. "No canto de barreira para a integración, a lingua pode ser instrumento de integración", expresou o nacionalista.
Co título A Nosa Lingua, Faina Túa!, o curso de formación para inmigrantes destinado á aprendizaxe do galego estará coordinado polo Instituto Lucense de Expresión e Arte, ILEA, organismo dependente da Deputación.